Novo curso sobre internet e teléfonos móbiles para os maiores de Verín
CIBERSEGURIDADE
O Concello de Verín vén de anunciar a celebración dun novo curso sobre novas tecnoloxías orientado ás persoas maiores da vila
Durante a formación, os usuarios aprenderán a usar o seu teléfono móbil e tablet, coa vista posta nun uso seguro.
Ademais tamén coñecerán accións básicas como facer chamadas, enviar mensaxes, descargar aplicacións ou conectarse a internet
Por este motivo, a Garda Civil tamén impartirá charlas dentro do curso sobre seguridade dixital e prevención de fraudes telemáticos.
Prazo de inscricións
O prazo para se inscribir neste curso abriu onte, e para apuntarse basta con acudir presencialmente á Oficina Municipal de Información ao Consumidor ou chamar ao 988 414 776.
O inicio das clases da formación está fixado para o 1 de outubro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
SALUD MENTAL
Muere a los 13 años la hija del actor Chad Lowe
FESTIVAL DE MÚSICA
Música | XLIII Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral