INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
Lucía Rodríguez Álvarez (Graduada en Xeografía e Historia)
Lucía Rodríguez vén de presentar o seu proxecto fin de máster Estudo dos materiais prehistóricos de A Ceada das Chas/Castelo de Lobarzán: Unha aproximación dende o conxunto cerámico e os seus patróns decorativos. Un traballo de investigación que conclúe que os primeiros asentamentos no conxunto de Oímbra e Monterrei datan de antes do terceiro milenio antes de de Cristo. Lucía formou parte do equipo que, en 2019, iniciou un proxecto de recuperación patrimonial e ambiental destes xacementos arqueolóxicos ao longo de 18 hectáreas.
O proxecto iniciado o pasado ano xa está concluído, ¿en que apartado traballou vostede?
No traballo en campo. En xeral levouse a cabo unha prospección, na que participei xunto a Bea Comendador e na que levamos a cabo toda a recollida do material que eu estudei para o meu Traballo Fin de Máster e que ten que ver coa ocupación prehistórica do lugar. O resto do equipo traballou na intervención arqueolóxica con catas e na liña da ocupación medieval, que é posterior. Na ceadá e no outeiro do castelo se fixeron máis catas para indagar outro tipo de ocupacións. Falábase de que nesa zona había un castro e, en principio, non hai evidencia. É unha ocupación tardo-romana e logo plenamente medieval.
En que consistiu o seu traballo?
Como membro técnico na prospección e na recollida e inventariado de materiais. Os recollidos na prospección arqueolóxica e na excavación precisan unha xestión íntegra, que foi precisamente do que me encarguei.
Que tipo de materiais se recuperaron?
Sobre todo, material cerámico e lítico -pedras-. Na prospección atopamos puntas de flecha, que se asocian a unha ocupación prehistórica e machados pulidos de pedra. Na excavación atoparonse moedas. É unha zona moi afectada polos lumes e o material sofre moito, que se conserve a día de hoxe despois desto e toda a erosión é unha boa sinal. Non hai evidencia, por outra banda, da ocupación na Idade do Ferro, polo que a nomenclatura cambiouse ao non ter constancia da existencia do castro -cambiouse castro, por ceada-. En definitiva, os achados datan a ocupación dende a Prehistoria ata Idade Media.
Un novo estudo, mais en profundidade, pode arroxar novos datos nese senso ou dar a posibilidade de atopar un castro?
É un proxecto en activo e se levarán a cabo máis estudos de investigacións. O primeiro ano de traballo é fundamental para seguir nun desenvolvemento óptimo das actuacións. Hai un parapeto que foi considerado dun poboado calcolítico, sen embargo, sabemos con esta primeira campaña que non é así porque atopamos material dentro e fora e non ten sentido se fose unha muralla. O lóxico sería, no seguinte ano de traballo, facer unha intervención neste lugar.
Por que se decidiu a facer o seu TFM sobre esta cuestión?
A miña especialidade é a Prehistoria e, ao ver todos eses materiais, decidín facer un estudo máis pormenorizado e acadar mais información sobre o xacemento a través da cultura material.
Cal foi a conclusión final?
Hai unha primeira ocupación no xacemento anterior ao terceiro milenio antes de Cristo pola recuperación de cerámica cardial. Hai moi pouca cerámica deste estilo en Galicia.
- "A zona atópase moi afectada polos lumes e que o material se conserve a día de hoxe é importante".
- "Ao ver todos os materiais decidín facer un estudo promenorizado ".
- "Hai moi pouca cerámica cardial en Galicia".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías