Oímbra degustará os seus pementos o 6 de agosto: Consulta a programación completa
VERANO
O Concello de Oímbra acolle a XXVI edición desta tradicional cita gastronómica
O Concello de Oímbra celebrará a XXVI Feira do Pemento o vindeiro 6 de agosto cun amplo programa e coa tradicional degustación dos seus pementos, na que se repartirán de maneira gratuíta centos de pementos da terra.
A cita comezará ás 11,00 horas coa actuación da charanga Chicoria. Será ás 12,00 horas cando se abrirán as portas da exposición de pratos de cociña, cuxo ingrediente principal será o pemento. “Con esta actividade, publicarase un receitario con todas as receitas participantes”, explican dende a organización.
A cita continuará cunha comida popular, mentres que a dixestión correrá a cargo da charanga Los Támega. Será a artista Susana Seivane a que porá o punto final a esta tradicional festa cun concerto ás 21,00 horas. Por suposto, non faltarán os expositores de pementos, maquinaria agrícola e artesanía durante todo o día, así como os inchables gratis para os cativos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición