INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
ARTISTA DE ÁBEDES
Nada máis subirse ao escenario este pasado agosto no Extruga na Rúa, o festival de música e cultura urbana de Verín, Nuno Pico, o cantante e líder da banda galega Grande Amore, non podía deixar de felicitar ao artista que o precedera, un tal “Pappaquino”. “Non vai ser doado estar á súa altura, polo que pido un aplauso para el”, chegou a afirmar o cantante de Valadouro.
O que seguramente a meirande parte dos alí presentes descoñecía é que esa mesma noite fora o bautismo musical dese xove de apenas 26 anos da parroquia verinesa de Ábedes. Arroupado pola súa familia e amigos, Joaquín Limia, “Xocas” ou “Quino” de toda a vida, soubo sobrepoñerse aos nervios iniciais para acabar abraiando ao público, que desfrutou cun concerto que non será o último para un cantante que apenas leva uns meses producindo a súa propia música.
Formado como técnico de son, Limia leva toda a vida cun instrumento na man. O saxo, que estudou no conservatorio, é a súa debilidade, algo que se nota nas súas bases electrónicas, onde nunca falta. El encárgase de absolutamente todo: “Compoño, escribo as letras, fago e produzo as bases no ordenador. E todo con medios moi limitados, pero cun resultado que pasa por profesional”. Por se fora pouco, tamén se defende coa guitarra e o piano.
Tras sufrir unha pequena crise vital, na que “sentía que debía saír de Verín”, Limia fixo as maletas e acabou ao outro lado do Atlántico, en Canadá. Ano e medio despois regresou á casa da súa avoa en Ábedes, onde improvisou un pequeno estudo de produción e gravación co que dende marzo xa leva compostas varias cancións que escoitan milleiros de persoas de todo o mundo en plataformas coma Spotify.
Cando se lle pide que defina a súa música, Limia resúmea como “electrónica galega, independente e alternativa”. Nos seus temas mestúranse o R&B, o jazz, a fusión, o ska, o techno e rock. As letras tamén son froito de combinar o galego co inglés e o castelán.
A próxima parada son “uns bolos en Madrid, Valencia e Galicia de aquí a fin de ano, e algunha colaboración”. No horizonte, seguir compoñendo cancións ata poder publicar un álbum antes do próximo marzo, coincidindo cun ano dende que Joaquín, “Quino”, se convertiu en Pappaquino.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria