INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
ENTREVISTA
A inclasificable banda que forman Nuno Pico, María Grep e Clara Redondo actúa no Extruga na Rúa de Verín o sábado 24, ás 22,45 horas, na Preguiza.
Comezou este proxecto en solitario, pero coa incorporación da María e da Clara, Grande Amore deu un salto.
Nuno: Eu penso que si. Nótase sobre todo a nivel humano. Sempre recordamos moito entre nós o día que lle preguntei á María se quería vir comigo (María o interrumpe).
María: Faloume polo WhatsApp en plan, “teño algo que dicirche”. Era todo un misterio, e igual pasaron dúas semanas ata que mo dixo. “Ten que ver coa música”, era o único que me dicía.
N: Eu estaba moi nervioso, teño moito medo ao rexeitamento. Con Clara non foi tan traumático. E musicalmente nótase a diferenza de ser tres. Tamén a experiencia de ir tocar por aí. Pásamolo súper, súper ben. Hai pouco non puidemos ir os tres e, cando iso acontece, o concerto mola igual, pero a experiencia xa non é a mesma.
M: Neses casos a Clara e o Nuno escríbenme para preguntarme que teñen que facer, cando se teñen que duchar e tal (todos rin, incluída a Clara).
N: Como ves, o de tocar si, pero a loxística non é o noso.
As súas referencias musicais son case infinitas. A xente fala das letras bizarras, pero a base instrumental é un prodixio.
N: Gravamos o novo álbum hai pouco, e hai arranxos de teclado que, se non fora por María, non saerían nunca. Nós a verdade é que temos gustos súper diferentes. Que escoitemos en común, non esaxero, só Amaral ou Marcelo Criminal.
M: Cada un tiramos para un lado, Clara tamén.
N: Ao final, é certo que no directo adaptámonos ben ao estilo que facemos, aínda moi herdado do que facía eu só: un estilo rápido, animado, bailable. Pero logo cada un é “de su padre y de su madre”. Antes que musicalmente, temos boa afinidade persoal. “Temos que facer si ou si un grupo de synth-punk que recorde a Sigue Sigue Sputnik porque iso é o mellor?” Pois non. A nosa unión musical ten que ver con conxeniar entre nós.
É a nosa xeración a da ansiedade de botar a mirada atrás e arrepentirnos de non “ternos enchido e falado de cousas”?
N: Que o digan elas, eu non me podo arrepentir de non ter saído (ri). Tiña sentido na pandemia, co confinamento. Pillounos nos últimos anos da universidade, cando todo o mundo estaba decidindo que facer coa súa vida, que ían ser de adultos e, de súpeto, ostrás, estivemos pechados uns cantos meses.
M: Eu non me arrepinto de nada!
Este ano o Extruga apostou só por artistas galegos. Como ben dicían, a lingua abre portas?
N: No noso caso iso xa está superado. Penso que os grupos en galego xa non teñen esa angustia. Se cantas en inglés, tampouco vas tocar no Coachella (todos rin).
Por último, que nos poden adiantar do seu terceiro e novo álbum?
M: Para min é moito máis escuro, cru. Cada vez menos rock na vida, pero con máis escuridade na música.
N: Se non hai ningunha desgracia sairá a principios do ano que vén, e son 11 temas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”