Un peliqueiro protagoniza "Averno", o novo videoclip das Tanxugueiras con Rayden
A nova peza das artistas galegas, en colaboración con Rayden, fai un viaxe polo inferno
As Tanxugueiras sempre sorprenden. Máis aló de promocionar a lingua galega, o grupo formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, e acompañadas por Rayden, quixeron presumir dunha das figuras máis representativas do Entroido galego, o Peliqueiro de Laza.
Así o amosaron na súa nova peza, "Averno", que saíu este venres a luz, a un día de que se celebre a final do Benidorm Fest e se coñeza ao gañador.
"Averno" leva ao espectador a un viaxe polo inferno e os demos, no que o Peliqueiro semella unha figura "superior" e na que as Tanxugueiras forman parte dese círculo. "Cando estabamos na grabación puxéronsenos os pelos de punta", contan os lazanos.
A partir do minuto dous do videoclip, o Peliqueiro colle impulso e fai soar os chocos, engadindo á peza un grao máis da cultura galega. Unha forma de promocionar o Entroido e a tradición, algo que en Laza buscan preservar ano tras ano.
"Cando nos chamaron non o pensamos nin un momento, cremos que a súa forma de levar a cultura e o folclore galego é brutal e impresionante", explican dende a comisión de Entroido, entusiasmados de formar parte dunha canción das artistas galegas. "Para o Entroido de Laza e para nós é un orgullo poder colaborar con elas en calquera cousa, o importante é que a cultura, a identidade e o folclore e, ao fin e ao cabo, o noso Entroido, se dean a coñecer, é o que están a transmitir elas agora mesmo", engaden.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros