O pleno de Verín aproba un novo crédito e o PP abandona a sesión
SESIÓN EXTRAORDINARIA
O Concello de Verín celebrou este mércores un pleno extraordinario urxente cun único punto, unha operación recurrente de crédito a curto prazo por un importe total de 2.600.000 euros
A sesión estivo marcada pola ausencia durante a súa aprobación dos concelleiros do PP, o único grupo da oposición, que abandonaron o plenario antes de que se sometera sequera a votación esta nova operación de Tesourería.
Lara Da Silva, voceira popular, tomou a palabra e adiantou que o grupo que representa votaría en contra de renovar este crédito anual. Da Silva remarcou que se estaban a realizar operacións de crédito “reiradamente, dándolle naturalidade a algo excepcional”, e pasou a desglosar algunhas das cifras ao seu xuízo negativas do balance do Concello, “nunha situación económica que non é normal”.
Por último, criticou a convocatoria do pleno, “do que fomos avisados o mércores ás 12,30 horas”. Tras afirmar que “vimos por respeto aos veciños”, a líder popular esixiu “respeto para nós como oposición”, tralo que ela e o resto dos edís do PP abandonaron o pleno.
Trala súa marcha, o alcalde Gerardo Seoane dixo en referencia a Da Silva que “cando non se sabe de algo, é mellor marchar”, e pasou a explicar que a operación de Tesourería, que vence ao fin de 2025, “faise este ano para ir cubrindo os gastos a partir de xaneiro do ano que vén”.
Finalmente saiu adiante cos votos a favor dos 11 concelleiros do bipartito PSOE-BNG.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INVESTIGACIÓN POR FEMINICIDIO
Detenido en México "El Trompas", presunto responsable del asesinato de Claudia Tacoronte
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal