O Pleno de Verín aprobou a conta xeral do ano 2022
ORZAMENTOS
Tamén saíu adiante unha operación de crédito a curto prazo por valor de 2,6 millóns
O Concello de Verín celebrou onte un pleno extraordinario urxente no que se aprobou a liquidación orzamentaria da conta xeral de 2022, entre outros trámites.
O grupo de goberno PSdeG-PSOE e BNG e a oposición do PP chocaron dende o primeiro momento, xa que os catro edís populares votaron en contra da urxencia da convocatoria.
A voceira popular, Lara da Silva, argumentou que as convocatorias realizábanse “a salto de mata”, dificultando o seu labor “fiscalizador”, ao non ter tempo “para revisar a documentación”.
O alcalde, o socialista Gerardo Seoane, afirmou que a premura debíase a “unhas subvencións de 600.000 euros que tentaremos acadar, e precisamos que as contas estean subidas”.
Así, cos votos favorables de PSOE e BNG e os votos en contra do PP, aprobouse iniciar a tramitación administrativa da conta xeral do ano 2022, e deuse conta da aprobación por decreto da alcaldía da liquidación do orzamento xeral do ano 2023.
Operación de tesourería e modificacións de créditos
Coa mesma aritmética aprobouse unha operación de tesourería a curto prazo por importe de 2.600.000 euros. Da Silva acusou ao Concello de realizar “préstamos” deste xeito “reiteradamente”.
Seoane replicou a Da Silva que este tipo de operacións “pídense e cancélanse tódolos anos”, co fin de “solventar defectos de financiamento en meses determinados e adiantar o financiamento das subvencións que nos conceden”.
Por último, a sesión plenaria aprobou un expediente de modificación de créditos extraordinarios destinado á adquisición de terreos para patrimonio municipal, pavimentacións e reparación de vías públicas, e publicidade e actividades culturais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad