Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
O polígono agroforestal de Oímbra continúa en marcha e dende as administracións públicas animan aos agricultores a sumarse a esta ferramenta, ao abiero da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia.
Así o amosou Alejandro Sánchez, subdirector de Mobilidade de Terras, acompañado por Ana Villarino, alcaldesa de Oímbra, nun encontro que mantivo con posibles interesados en cultivar produtos agrícolas e de horta no marco deste instrumento de posta en valor, incluíndo os da indicación xeográfica protexida Pemento de Oímbra.
O futuro polígono agroforestal promovido en Oímbra contará con 22 hectáreas, repartidas en 72 parcelas de 73 propietarios. "Constitúe unha das principais ferramentas contempladas na nova norma e ten por obxecto a volta á produción de grandes áreas de terra con boa capacidade produtiva que alcanzaron estados de abandono ou infrautilización", explicou Sánchez de Dios aos olimbriguenses.
Así, os polígonos agroforestais, xunto coas aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, son un instrumento concebido para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais -ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume-.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 15 de julio
SEGUNDA DE SU HISTORIA
España doblega a Francia y se pone en la final del Mundial (0-2)