O PP alerta que Verín volve ter a norma urbanística de 1986
PLAN URBANÍSTICO
O PP advirte que o municipio de Verín volve rexerse pola norma urbanística de 1986, o que podería frear o desenvolvemento e complicar a xestión do urbanismo local.
O grupo municipal popular verinés afirma que o Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) da vila, aprobado en 2021, “perdeu a súa vixencia o pasado 26 de outubro, polo que dende aquela entraron en vigor as normas subsidiarias de 1986, e por tanto se terá que proceder á suspensión de licencias naquelas áreas do planeamento que entren en contradición coas mesmas”.
Lara da Silva, voceira popular, argumenta que isto é “consecuencia de non ter aprobado o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), actualmente en tramitación, de xeito provisional”, malia contar o goberno municipal cun prazo de “tres anos e seis meses, que xa rematou”. Esta situación pon de manifesto, na súa opinión, “a incompetencia do actual goberno, incapaces de aprobar o PXOM ou os orzamento para 2024”, e que se une ao “nivel de endebedamento e á cantidade de proveedores sen cobrar”.
Pola súa banda, o presidente do PP local, Jiménez Morán, sinalou que “a recadación non notifica o recargo nos recibos da auga a moitos veciños”, e alertou asimesmo do estado do “entramado de ferrro da ponte de San Lázaro, que podería ceder e caer ao río”.
“Non é un problema”
O alcalde, Gerardo Seoane, afirma que “a perda de vixencia do IOP non é un problema, as normas de 1986 convivirán ata abril co decreto de suspensión de licenzas do PXOM, que xa só está á espera de medio ambiente”.
Sobre a ponte, lembrou que “hai pouco iniciamos o proxecto de rehabilitación, sometido a informes da Confederación e Patrimonio”. Respecto dos recibos, “é un problema cunhas contas antigas que se está a resolver”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
HABLAN LOS PROFESIONALES DEL TRANSPORTE
“Ou parar ou traballar a perdas”: el combustible amenaza al transporte
NUEVO ESPACIO DE ACOGIDA
Galería | El traslado de los migrantes de las playas al puerto de Ceuta, en fotos