A queimada de Castrelo de Cima busca ser Festa de Interese Turístico
A celebración será este sábado pola noite
Os veciños de Castrelo de Cima, no municipio ourensán de Riós, contan os días para a celebración da súa tradicional Queimada. Cita que se celebrará este sábado e contará con numerosas sorpresas.
Este ano é especial pois, os veciños de Castrelo de Cima e a Asociación Os Queimas celebran a súa 50 edición. E coincidindo con esta data tan importante para eles, decidiron solicitar a declaración da festa da Queimada como Festa de Interese Turístico de Galicia. Unha cita que ano tras ano conta con máis participantes e vai gañando popularidade.
“Imos facer algo especial, porque queremos esa declaración, a través do Concello”, contan dende Os Queimas, que tratarán de “promocionar máis a festa, porque é algo arraigado a Castrelo de Cima”. Así, esta pequena aldea traballará por conseguir poñer o seu nome no calendario festivo de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
BAJO MÍNIMOS
La ambición del COB viste bata blanca
SUCESO EN LA CIUDAD
Aparecen dos coches con las lunas fracturadas en el barrio de A Ponte