“Raíces Sonoras”, novo documental sobre músicos de Monterrei e Conso

MÚSICA E TERRITORIO

Percorrido musical por dez concellos que combina tradición, renovación e artistas locais.

Pappaquino representa a Verín.
Pappaquino representa a Verín.

Este martes, 4 de novembro, ás 18:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Verín a presentación do proxecto audiovisual “Raíces Sonoras”, que percorre os dez concellos das comarcas de Monterrei e Conso-Frieiras para retratar a música que se crea hoxe e as persoas detrás dela.

A iniciativa, promovida polo GDR Monteval, producida por CRU Producións e dirixida por Iris Justo, recolle actuacións en directo e conversas cos artistas participantes, que comparten a súa relación coa música, co territorio e as súas historias creativas.

O proxecto pon o foco nas propostas vivas e diversas que están a construír o presente musical, e quere amosar cómo tradición e renovación conviven arredor dun territorio que segue a inspirar novas linguaxes e maneiras de facer.

As gravacións tiveron lugar en espazos cotiáns —aldeas, prazas, viñedos, ríos ou capelas— de xeito que o entorno participa e dialoga coa música. A presentación deste martes será a primeira ocasión para ver o resultado final antes da súa difusión en canles dixitais.

Artistas participantes

En cada concello o proxecto achegouse a artistas con estilos e traxectorias moi diferentes:

  • En Castrelo do Val participa Fran Guede, con Álvaro e Dani de Nova Era.
  • En Laza, as Silveiras do Támega.
  • En Cualedro, Varios Santos.
  • Na Mezquita, a voz é a de Mark Dos Santos.
  • O percorrido continúa por Vilardevós con Baba Sall;
  • En A Gudiña con Maldizer;
  • Por Oímbra, con Diego London;
  • En Riós, con Pirata Sen Parche.
  • En Monterrei colabora O Trebón de Mildeu;
  • En Verín, Pappaquino.

Contenido patrocinado

stats