MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
“Cree, crea, crece” arranca este luns en Riós. Organizado polo Centro de Información á Muller (Cim) de Conso-Frieiras, é un taller de igualdade construído e pensado para evitar a violencia de xénero e fomentar a igualdade e a diversidade entre homes e mulleres.
“Neste taller crearemos un espazo no que cada unha das persoas participantes poida escribir a súa propia narrativa, onde se reflexione sobre o que foi, quen é e quen quere ser”, explican dende o Cim. Para iso empregaran materiais como a arxila, a cerámica e a pintura, a través dos que traballarán a narrativa da construción de xénero, as desigualdades e as esperanzas que cada unha das mulleres levan dentro.
O taller, destinado tanto a mulleres como homes do concello de Riós, celebrarase dende xaneiro ata xuño, con dúas sesións ao mes de dúas horas. O luns comeza o curso na Reitoral da Chaira -de 16,00 a 18,00 horas- e no centro multiusos de Riós -de 18,30 a 20,30 horas-. O día 13 realizarase a primeira sesión do taller no centro social de Castrelo de Cima -de 16,00 a 18,00 horas- e no centro social de Progo -de 18,30 a 20,30 horas-.
Dende o Cim de Conso-Frieiras recordan que para participar en “Cree, crea, crece” é necesario inscribirse neste programa de igualdade, a través dos números de teléfono 988 594 487 ou 988 425 032.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero