ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Festival de curtas
A sexta edición do FIC Vía XIV de Verín acollerá a proxección da webserie "Os tempos mortos do Führer", un proxecto nado en Ourense e rodado en lingua galega, cuxo prelanzamento foi filmado no Retiro do Conce, en Vilaza (Monterrei).
A webserie pretende ofrecer respostas ao espectador, en clave de ficción, sobre todo aquilo que ocupaba ao ditador Adolf Hitler nos seus ratos libres máis íntimos.
Ao longo de dez capítulos de cinco minutos cada un, "Os tempos mortos do Führer" amosa a cara oculta do seu día a día, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimentos cun tono de comedia e satírico.
Dende a proudutora do proxecto, Conxuro Producións, considérase que o visionado desta webserie no Festival Internacional de Curtas representa unha "ocasión idónea para dar visibilidade ao proxecto" dirixido por Daniel Rodríguez González e con guion a cargo de Diego Temes Garrido.
A webserie conta, ademais, coa presenza da xornalista verinensa Esther Estévez, ben coñecida polo público por ser a presentadora do "Dígocho eu".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla