SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
VISITA AO XACEMENTO
Numerosos veciños de Monterrei e Oímbra, así como doutras localidades da comarca, asistiron este sábado a dúas palestras informativas sobre a terceira campaña de intervencións no conxunto arqueolóxico da Ceada das Chás-Castelo de Lobarzán.
As charlas nos locais sociais das Chás e de Vilaza estiveron impartidas polo arqueólogo e profesor da UVigo Víctor Muñiz, director da actuación levada a cabo por Breogán Arqueoloxía, nunha iniciativa financiada pola dirección xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.
Muñiz centrouse nas explicacións fundamentalmente nos tres elementos sobre o que o equipo de arqueólogos traballou ao longo de dúas semanas o pasado mes: as portas de acceso á fortificación, a fonte e un novo muro localizado no recinto.
Pola tarde tivo lugar unha concurrida visita guiada ao xacemento, e na que os asistentes coñeceron sobre o terreo os avances desta terceira campaña.
En opinión de Muñiz, tras cada campaña arqueolóxica resulta “imprecindible” dar a coñecer o achado entre a veciñanza local. As palestras e visitas guiadas serven deste xeito para “concienciar sobre a protección e conservación do achado, e que a xente o sinta como patrimonio propio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
LUCHA CONTRA INCENDIOS
La base de Verín-Oímbra cuenta con nuevo avión
Lo último