Unanimidade da Corporación nos plans de eficiencia e de mobilidade
MONTERREI
O pleno de Verín ratificou a solicitude de dúas subvencións por un importe próximo aos dous millóns de euros
Segundo pleno, neste caso con carácter extraordinario e urxente, da Corporación municipal de Verín no prazo de 24 anos. Nesta ocasión, motivado pola comunicación remitida polo IDAE (o instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético) no que se requería o acordo do plenario para a tramitación dun par de expedientes que no seu montante global rondará os dous millóns de euros, sen considerar a subvención que o Concello de Verín poidera recibir.
No que se refire á subvención para a mellora de eficiencia enerxética, o grupo de goberno persegue renovar as instalacións de iluminación e sinalización pública exterior existentes coa finalidade de mellorar a súa eficiencia enerxética e a consecuente redución das emisións de dióxido de carbono. O orzamento base de licitación deste proxecto será de 805.561,02 euros (974.728,83 euros con IVE). A subvención enfocada a proxectos no eido da mobilidade urbana pretende rebaixar a cifra de case un millón de euros que custará un plan de mobilidade no que se inclúe a construción dunha ponte sobre o Támega en Queizás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima