A Veiga de Tintores, en Verín, estrea un roteiro interpretativo
O Concello rematou as obras de mellora da senda por 20.432 euros
O entorno da Veiga de Tintores, en Verín, xa conta cun sendeiro mellorado e un novo roteiro interpretativo. O Concello investiu nesta actuación unha partida de 20.432,92 euros -20.000 euros proceden da subvención financiada integramente polo Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 por cento-.
O obxectivo de dita intervención foi recuperar e poñer en valor o antigo sendeiro da Veiga de Tintores, que se atopa incluido na Rede Natura.
Dentro das accións realizadas e tal e como explicaron dende o Concello de Verín, integrouse medioambientalmente a antiga ponte que cruza o río Támega mediante a colocación de adoquíns e substituiuse, do mesmo xeito, o valado metálico por outro de madeira "en consonancia co ambiente no que se empraza". Ademais mellorouse o sendeiro que une a ponte coa pontiña sobre o rego do muíño existente e ubicáronse unha serie de carteis indicativos e divulgativos sobre os solos agrícolas e os aproveitamentos agrogandeiros nesta zona, xa que o tramo reformado do carreiro conecta a área de lecer e fluvial de Tintores con diversas parcelas agrícolas.
Segundo afirmou o rexedor de Verín, Gerardo Seoane, "a rehabilitación deste carreiro permitirá a interconexión da área de lecer de Tintores -incluso a ciclovía do Támega- coa outra marxe do río, no que o visitante poderá percorrer zonas de transición dun ecosistema fluvial con explotación agrogandeiras perfectamente adecuadas ao entorno".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria