Verín acoge una charla sobre la violencia de género y la adolescencia: cando e onde
Actos polo 25N
A conferencia está organizada polo Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Monterrei
O Centro de Información á Muller (Cim) da Mancomunidade de Monterrei xa traballa nas actividades enmarcadas no Día Internacional contra a Violencia de Xénero -25 de novembro-. Este venres impartirán un taller sobre ciberviolencia no IES Castro de Baronceli á mocidade de Educación Secundaria.
Esta iniciativa pretende crear unha ponte de conexión entre os recursos de asistencia e os centros educativos fomentando, así, a prevención primaria na mocidade. Os mozos coñecerán de primeira man as diferentes formas de ciberdelitos, a violencia de xénero exercida a través das redes e as implicacións legais de tales formas de violencia. Ademais, o Cim presenta a curta “Non caio nas túas redes”, rodada no instituto.
Estudo comarcal
Continuando coas actividades cara o 25-N, o luns, ás 17,00 horas, a Casa da Cultura de Verín acolle unha conferencia sobre un estudo da violencia de xénero na comarca: “Análise dende a perspectiva da adolescencia”.
O estudo, realizado polo Cim en colaboración coa Universidade de Vigo, é o resultado dun cuestionario sobre relacións amorosas, igualdade, violencia de xénero, co fin de analizar o tipo de intervencións educativas que a xuventude precisa. Dende a organización recomendan asistir á charla a pais, nais, educadores, axentes sociais e docentes, entre outros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
REDES SOCIALES QUE ENGANCHAN
Bruselas concluye que TikTok incumple la ley europea por su "diseño adictivo"
SOLBEIRA VUELVE A PRODUCIR
Paderne de Allariz recupera tierras agrarias abandonadas con apoyo de Medio Rural