Verín amplía o parque biosaudable de Cabreiroá
Verín
A actuación, xa finalizada, contou cun investimento de 19.641 euros
Verín conta dende esta semana cun novo e mellorado espazo deportivo público para a realización de actividades ao aire libre. Concretamente, as instalacións están ubicadas na zona de A Braña, en Cabreiroá, e o Concello procedeu a ampliar este denominado como parque biosaudable con novas dotacións e maquinaria.
A actuación consistiu na adquisición e instalación de equipamento deportivo para a realización de "Street workout". Este novo equipo multibarra está formado por barras americanas triples, miniparalelas, monkey bars, corda de rube, argolas e conta, ademais, con pavimento de grava miúda para asegurar a amortiguación durante as posibles caídas.
Para acometer ditas melloras, o Goberno local de Verín realizou un investimento total de 19.641 euros. Desta cantidade, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader- cofinanciou un 47 por cento, é dicir, 9.231 euros, a través do chamado Programa de desenvolvemento rural.
O obxecto desta ampliación do equipamento é, segundo explicaron dende a administración local, "cubrir as necesidades e espectativas de todos os usuarios da zona biosaludable, desde os máis pequenos aos máis maiores, pasando polos mozos máis activos e deportistas". Neste senso, preténdese contribuir a crear un espazo deportivo de lecer e esparecemento "máis completo e confortable", tendo en conta, ademais, o ámbito natural no que se atopa.
No parque biosaudable de A Braña, no núcleo de Cabreiroá, xa existía, segundo as mesmas fontes municipais, unha extensa área recreativa, "moi concorrida", dotada de bancos e mesas de madeira, un parque infantil, un circuíto de equipamentos biosaudables para persoas maiores e un circuíto formado por equipamentos deportivos de madeira e aceiro, enfocado a persoas que conten con boa condición física.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia