MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Máis de 20 cervexas nacionais e internacionais poderanse degustar na primeira edición da Feira da Cervexa de Verín, que chegará á capital do Támega os vindeiros días 8 e 9 de outubro. Ademais, neste evento, no que non faltarán actuacións musicais -Mitic e Ortiga serán os pratos fortes- e animación infantil, os restaurantes mesturarán a comida galega coa gastronomía alemá.
O evento terá lugar na nova zona verde da Preguiza e contará cunha carpa de 20 por 80 metros, dun aforo de 450 persoas, na que estarán colocados os postos de bebidas e alimentación. O horario da feira será o venres de 19,00 horas a 23,00 horas, e o sábado de 12,00 horas a 16,00 horas e de 19,00 horas a 23,00 horas.“Coa situación sanitaria xa estabilizada, o Concello retoma con forza a súa axenda organizando eventos temáticos de gran calidade”, asegurou o rexedor local, Gerardo Seoane.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”