Verín estrea un espectáculo de danza e circo solidario con Valencia
BAILE CONTEMPORÁNEO
Todo o recadado pola obra que se estrea en Verín doarase á Generalitat Valenciana para axudar na reconstrución trala dina
O Concello de Verín presenta unha obra de danza e circo contemporánea este sábado, 7 de decembro, ás 20,30 horas no Auditorio Municipal, cuxa recadación doarase integramente á Generalitat Valenciana, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para apoiar as labores de reconstrución nas zonas afectadas pola recente dina en Valencia.
“Disculpa si te presento como que no te conozco” é unha obra de Miguel Barreto e Pablo Parra, integrantes da compañía La Pequeña Victoria Cen, que supón o froito de tres anos de creación, onde dous corpos en escena exploran a simetría, a duplicidade e a ambigüidade para compoñer imaxes sorprendentes, diálogos acrobáticos e escenas oníricas.
O espectáculo convida ao espectador a reflexionar sobre a identidade e a relación co outro, permitindo que cada persoa constrúa a súa propia interpretación a través da danza e do circo.
Entradas xa dispoñibles
As entradas, para a obra, coproducida entre Valencia e León, teñen un custo de 8 euros e están dispoñibles en Ataquilla.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último