SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
EXPOSITORES E ACTIVIDADES INFANTÍS
Verín celebrará a xa tradicional Feira de Nadal os vindeiros días 6, 7 e 8 de decembro, na praza García Barbón, cunha ampla programación que incluirá expositores de artesanía e alimentación, actividades infantís e animación musical como anticipo das festas de final de mes.
Entre os 33 expositores confirmados, procedentes da vila e da comarca, pero tamén de Ourense, de Galicia e mesmo de Chaves e Castela e León, hai sete mestres artesáns de recoñecida experiencia, 19 postos de artesanía e obradoiros, así como expositores de produtos de alimentación.
Tamén participarán nesta Feira as asociacións locais e colexios, presentes con stands solidarios e educativos.
Todos os días, entre as 16,30 e as 19,00 horas, haberá actividades. O venres 6 terá lugar o obradoiro de Doces de Nadal, onde a cativada creará galletas con formas temáticas.
O sábado 7, Papá Noel fará acto de presenza para recoller cartas e sacarse fotos, e haberá obradoiros para redactar e decorar cartas e manualidades con materiais reciclados.
Finalmente, o domingo 8 celebrarase a actividade “O boneco de neve váiselle a pinza”, acompañado coa composición de postais viaxeiras.
Tampouco faltarán, como é costume, as actuacións musicais. O sábado 7, ás 12,00 horas, será o turno da Coral de Verín, e o domingo 8, á mesma hora, o espectáculo familiar “Aldeas de Nadal”, de Nelson Quintero, porá o broche musical a esta edición.
A Feira rematará coa entrega de premios ao mellor posto e o sorteo dunha cesta de Nadal con produtos dos expositores, o domingo 8 ás 19:45 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos