De Verín a Nepal en moto e con finalidade solidaria
AVENTURA
O verinés Óscar Conde iniciou a súa aventura en motocicleta ata Katmandú, capital do Nepal, este pasado sábado dende o cruceiro do Castelo do Monterrei
Con motivo desta viaxe de máis de 17.000 kilómetros ao longo dunhas seis semanas, Conde organizou en Verín o pasado maio unha gala benéfica na que se recadaron 2.000 euros que xa foron entregados integramente á ONG “Abrazando Nepal”.
Un grupo de familiares e coñecidos non se quixeron perder o momento, e arrouparon a este arquitecto técnico no inicio do seu percorrido. Alén disto, un grupo de cinco amigos motoristas saíron con el e acompañárono ata Puebla de Sanabria.
Este luns está previsto que Conde se una en Barcelona a Raúl Sanz, experto profesional en viaxes en moto polo mundo, e máis un grupo liderado por el e conformado por 15 persoas e 13 motocicletas.
A chegada ao Nepal está prevista a primeiros do mes de novembro, e Óscar Conde conta con volver a Verín “o 11 de novembro, directamente en avión, a motocicleta volverá nun contenedor dous meses máis tarde”.
Conde, que se amosa “agradecido” coa empresa na que traballa por permitirlle cumprir “un soño”, afronta o seu maior desafío, despois de chegar a estar a máis de 6.000 metros sobre dúas rodas, “cruzamos todos os Himalaias en moto”. Tamén ten pensado “botar unha man na ONG e estar alí varios días”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Tensión en el Pacífico
Corea del Norte prueba una bomba de racimo que puede ser acoplada en misiles balísticos
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín