Vilar de Perdizes será de novo a capital da medicina popular
PADRE FONTES
A freguesía portuguesa de Vilar de Perdizes, que fai fronteira na Raia coa Xironda e San Millao (Cualedro) e Videferre (Oímbra), inaugura este venres a 39º edición do seu Congresso de Medicina Popular
Esta iniciativa leva dende 1983 atraendo ata Vilar de Perdizes, unha pequena vila de Montalegre, a centenares de ponentes expertos en prácticas alternativas, métodos tradicionais e todo tipo de campos do coñecemento máis alá do eido científico establecido.
O impulsor do congreso é António Lourenço Fontes, máis coñecido como Padre Fontes (Cambezes do Rio, 1940), un párroco católico, pero tamén escritor, xornalista, profesor, etnógrafo e fotógrafo, entre outras artes e disciplinas culturais. Fortemente vencellado a Galicia, e en particular a Ourense, tamén foi o artífice da festa Sexta 13 en Montalegre, onde dá nome ao espazo cultural e biblioteca Ecomuseu de Barroso - Espaço Padre Fontes, no que ten unha zona dedicada e parte do seu arquivo.
A xornada inaugural arrancará o venres 29, ás 17,00 hora local, coa animación dos Gaiteiros de Pitões, e a apertura da feira. Ademais visitaranse as dúas exposicións deste ano: plantas medicinais, e pintura e escultura de Celestino Gomes André. Na apertura do congreso intervirán, entre outros, o propio Padre Fontes, así como a presidenta da Câmara de Montalegre, Fátima Fernandes.
Ademais, ás 19,00 horas proxectarase o filme “A aldeia revisitada”, de Philippe Costantini, que recompila curtametraxes realizadas por António Fontes. Este primeira día completarase con ponencias sobre asuntos tales como o tarot, as emocións ou as orixes.
Feira con diversos postos
O congreso continuará o sábado e o domingo, e os postos da feira do exterior estarán abertos ao público ata o seu remate. O sábado 30 comezará cun almorzo no forno comunitario, distintos obradoiros, concertos e ata unha queimada á medianoite.
O domingo seguirán os talleres e ponencias, e ás 17,30 horas pechará o congreso coas conclusións da edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIONES CONJUNTAS
CEO y Aever unen fuerzas en favor de la comarca de Monterrei
RELEVO ASEGURADOA
O futuro da comarca de Monterrei desfila o seu enxeño
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El Gobierno estudia medidas para paliar daños de la guerra
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 11 de marzo
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
El Ibex sube un 3,05% hasta rozar los 17.500 puntos, con el crudo al filo de los 90 dólares
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 11 de marzo