Vilaza celebra a súa XIII Carretada do Viño
FESTAS PATRONAIS
As festas na honra á Virxe da Asunción e San Roque en Vilaza, Monterrei, arrancan este martes ás 19,30 horas coa xa tradicional Carretada do Viño
Este evento congrega a centenares de veciños organizados en cuadrillas, e que percorren o pobo en improvisados tractores e vehículos.
O roteiro estará amenizado pola charanga Fuego, e sairá dende a Alameda de Vilaza. Haberá á venda packs para adultos que inclúen unha cunca, unha pañoleta e un vale para degustar unha paella.
Á noite, a partir das 00,30 horas, a verbena estará acompañada pola discomóbil A Gramola.
Viño de Monterrei
A Carretada do Viño conta con viño das adegas da DO Monterrei participantes, mentres que a organización corre a cargo da asociación de veciños San Salvavor Vilaza, co apoio do Concello de Monterrei e a Deputación de Ourense a través do Inorde e do Padroado Provincial de Turismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
Lo último
negocios
El Mundial de fútbol, ¿en venta?
EXPANSIÓN INTERNACIONAL
Amancio Ortega dispara sus beneficios en Reino Unido hasta un 110%