A Ruta do Viño Monterrei ofrece visitas guiadas por seis adegas
ENOTURISMO
Poderase descubrir a elaboración do viño, catas e obradoiros, ou visitar os lagares rupestres de Oímbra
Turismo de Galicia presentou un roteiro do viño da comarca de Monterrei, con actividades de enoturismo e visitas guiadas a adegas da DO Monterrei. Estas visitas enmárcanse no programa “Primavera de Portas Abertas”, que este ano se celebrará entre o venres, 31 de maio, e o domingo, 2 de xuño.
Os interesados poderán visitar un total de seis adegas que forman parte da Denominación de Orixe, das cales tres están situadas en Verín, dúas en Monterrei e unha en Oímbra.
As persoas que participen nalgunha das actividades desta fin de semana poderán descubrir o proceso de elaboración do viño, asistir a catas e obradoiros, ou visitar os lagares rupestres de Oímbra. Ademais, a oferta complétase cunha degustación do mel da zona, un taller floral e unha visita á acrópole de Monterrei.
Todas as actividades son gratuitas, pero cómpre inscribirse nelas previamente na web da Ruta do Viño de Monterrei, ou na Oficina de Turismo de Verín e Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
PIDEN COLABORACIÓN
Desaparecida en Vigo una joven de 25 años desde el 9 de septiembre
AS BURGAS BASKET CUP
🔴 Directo | El COB se estrena en el Pazo ante el Oliveirense