INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
O patio de armas da fortaleza medieval de Monterrei acollía na mañá de onte a presentación en público do programa de visitas teatralizadas no Camiño de Santiago impulsadas polos concellos de Cualedro, Monterrei e Laza. Actividades que se executarán durante os meses de verán en diferentes localidades dos tres municipios baixo o suxestivo título “Acción en Ruta”. Eventos todos incluídos dentro do programa “O Teu Xacobeo” impulsado pola Xunta de Galicia para promover os valores do ano xacobeo por toda a xeografía galega.
O programa arrancará cunha actuación nocturna o 25 de xuño no castelo de Monterrei, que terá a súa replica na noite seguinte -26 de xuño- no núcleo de Laza e xa en horario de mañá, o domingo 27 de xuño, no lugar de Montes -Concello de Cualedro-. Idéntica secuencia repetirase nas fins de semana do 9, 10 e 11 de xullo e 27, 28 e 29 de agosto. Variando neste caso as localizacións nos tres municipios e a propia trama.
“Cada visita responderá a unha trama concreta, con personaxes e escenarios diferentes como se dunha serie televisiva se tratara. O obxectivo é que calquera persoa poda vir e sorprenderse en todas e cada unha das convocatorias con loitas entre cabaleiros, amoríos, amizades sinistras...”, sinala Manuel Gallego da entidade Xeitura S.Coop.Gal. que coordinará o programa.
A información e inscricións poderán encontrarse na páxina www.accionenruta.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio