RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
REPORTAXE
Laza ten futuro. E Laza ten futuro porque hai mozos que cren no seu potencial. “É moito máis que o Entroido”, din. En Laza e nas súas aldeas viven -datos de 2022 do INE- 1.205 persoas. Entre eses escasos mil veciños hai moitos que apostan por Laza, polas súas xentes e polas súas tradicións. E tamén pola igualdade e a diversidade. Entre eles atópase Xacobo García Nóvoa, un mozo de 29 anos que leva toda a súa vida presumindo de Laza. O seu fogar.
Por amor ao arte, como se soe dicir, Xacobo forma parte da Comisión do Entroido, coas súas compañeiras Nerea e Noelia, os que tamén organizan as festas do Santo Cristo. Ademais, Xacobo é o presidente da Asociación Enlazados, organizadora do festival Ponte Farruca. Por se fora pouco, sempre está detrás dos magostos e das iniciativas hostaleiras, así como de calquera actividade social. Unha cabeza que pensa e repensa para facer de Laza unha localidade viva e chea de actividade, a que repercute positivamente no tecido empresarial local.
¿Por que esa aposta polo rural? “É sinxelo, se vivimos aquí haberá que apostar por el, eu falo por min e por toda esa xente que traballa día a día para facer de Laza un lugar bonito no que vivir”, explica Xacobo García. “Somos poucos veciños e cremos que hai esa necesidade de facer cousas para todos os que vivimos aquí e para aqueles que queiran coñecer Laza, porque ten moito por descubrir. Hai que darlle vida ao rural e que a xente vexa que ten futuro”, engade.
Así é Xacobo, deses que cren no que fan, e fano dende o corazón. Todo polo lugar que o viu nacer. Alí vive actualmente e, cando por traballo ten que estar fora, volve todos os fines de semana e vacacións. “Encántame estar en Laza, aquí son feliz. Agora traballo en Verín e podo permitirme vivir aquí, cando estou en Ourense veño sempre que podo, a xente soe irse de vacacións lonxe, eu volvo a Laza”, di orgulloso.
Un orgullo que comparte cos seus compañeiros “de batalla” tras cada Entroido, Santo Cristo ou Ponte Farruca. Orgullo por lograr organizar eventos e encher o seu fogar de actividade. Todo, sen nada a cambio. “É certo que o facemos por amor á arte, pero levamos moito a cambio, satisfacción e o agradecemento da xente, ver que valoran o noso traballo e que gusta”, puntualiza.
O Ponte Farruca foi a última creación de Xacobo. “Este agosto celebramos a segunda edición de este festival, que trata de achegar e visibilizar o rural e a igualdade, así como a figura da muller e do colectivo Lgbtq+, para amosar que poden convivir ambos mundos en lugares pequenos”, sinala, valorando moi positivamente a celebración deste 2023 e pensando xa no próximo ano.
Así, ano tras ano, Xacobo e outras tantas persoas buscan a maneira de facer de Laza a terra do Entroido, da tradición, das recreacións bíblicas e da loita pola igualdade. Unha terra con futuro. Dos mozos, deses que cren no rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
CRISIS EN EL PSOE GALLEGO
Caballero e Inés Rey apuntan al liderazgo de Gómez Besteiro
guerra en ucrania
Finlandia advierte de que Rusia "seguirá siendo una amenaza" para Europa
CRISIS EN EL PSOE GALLEGO
Militantes de la ciudad de Lugo cargan contra Tomé y Besteiro