PARRILLADA, CAFETERÍA Y ALOJAMIENTO
Hotel Termas Camino Real, reabre este clásico de Untes de la mano del colombiano Pedro Antonio López
Coa chegada do mes de xullo, o taichi volveu tomar Ourense cunha nova edición organizada polo ximnasio ‘Dinamic’ dentro do calendario de actividades de +Deporte. Na súa primeira sesión, onte luns, o Xardín do Posío acolleu a máis de 100 persoas de tódalas idades que puideron activar os seus corpos cos primeiros raios do sol e baixo as instrucións de Jose Gago, todo un maestro no ensino desta técnica. “Algúns veñen do ximnasio, outros agardan ansiosos ao mes de xullo para asistir”, asegura Gago.
Logo de 40 anos, esta arte chinesa milenaria xa forma parte do ADN da cidade reunindo cada vez a máis participantes. “Vin esta técnica (o taichi) durante unha viaxe á China. Practicábana na rúa, era a forma que tiñan de facer exercicio, xa que alí non había ximnasios”, explica o instructor, que tamén ten experiencia no ensino do Wushu. Así, decidiuna traer ata Ourense para dala a coñecer á xente e, sen dúbida, foi un éxito.
Ata o vindeiro 19 de xullo, todos os días de luns a venres en horario de 08,00 a 09,00 horas repetirase a oportunidade de participar de forma libre e gratuíta nesta actividade. “O único que fai falta para participar é traer roupa cómoda”, indica o monitor, que anima a tódolos ourensáns a asistir.
Estes exercicios adaptan facilmente a súa intensidade á idade ou condición física das persoas, xa que se trata dunha actividade lenta, suave e controlada. Con todo, “fortalécese moito máis do que parece”, sinala o experto. A actividade aposta por dinamizar os hábitos de vida saudables, xa que é unha das mellores formas de activar as funcións do sistema inmunolóxico, tan necesario na actualidade. Ademais, entre os beneficios desta disciplina tamén se atopa a relaxación de mente e corpo, eliminando tensións musculares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARRILLADA, CAFETERÍA Y ALOJAMIENTO
Hotel Termas Camino Real, reabre este clásico de Untes de la mano del colombiano Pedro Antonio López
SUELO RESIDENCIAL DISPONIBLE
La provincia de Ourense dispone de suelo para levantar 44.000 viviendas
IMPAGOS EN EL ALQUILER
La morosidad en el alquiler en Ourense llega a 4.200 euros de media
PARO EN OURENSE
Ourense cierra el mejor mayo de su historia para el empleo
Lo último
Patricia López
Brújula digital
Emprender no va (solo) de ideas, va de carácter
EMPIEZAN EL LUNES
Ourense da la bienvenida a 63 nuevos residentes con estreno de Urgencias
COLEGIO DE MÉDICOS OURENSE
El Colegio de Médicos de Ourense celebra su día con nueva directiva
PLAY OFF A PREFERENTE
La remontada del Córgomo es posible