Abertas as solicitudes de axudas ao empredemento feminino

REDES DE EMPRENDEDORAS

Dirixidas a mulleres empadroadas nalgún municipio da provincia, maiores de 16 anos e menores de 35 anos con nacionalidade española

La Región

As emprendedoras menores de 35 anos, que creasen unha empresa nos últimos tres anos, poderán optar ao novo programa de apoio ao empredemento feminino lanzado pola Deputación de Ourense. As axudas son de 592 euros, que se lles aboará no mes de outubro. O prazo para solicitalas está aberto desde o 6 de agosto e ata que se esgote o crédito orzamentario, co límite temporal do 15 de outubro.

Poderán solicitar a axuda aquelas mulleres empadroadas nalgún municipio da provincia, maiores de 16 anos e menores de 35 anos con nacionalidade española, cidadás da UE ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou de Suíza, ou estranxeiras titulares dunha autorización para residir en territorio español que lle habilite para traballar pola súa conta. O obxetivo desta iniciativa é axudar ás mozas emprendedoras a dar maior visibilidade aos seus proxectos e actividades empresariais, especialmente a través do asociacionismo e a creación de redes de emprendedoras. O resultado deste plan de axudas avaliarase unha vez finalizada a súa execución, xa que a intención da Deputación de Ourense é mantelas de maneira plurianual de maneira que se converta nunha axuda, que as emprendedoras que este ano se beneficien do plan poidan facelo tamén os meses de outubro dos próximos anos.

Contenido patrocinado

stats