CONSULTA LA PROGRAMACIÓN
Programa, fechas y cartel del Entroido de Verín 2026
FORMACIÓN ONLINE E GRATUÍTA
Baixo o nome “Summer Networking Online”, trátase dun evento virtual proxectado con fin de conectar a persoas profesionalmente, o Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín facilita a reunión e interacción nunha época na que as vacacións e libranzas dificultan a celebración de actos e sesións no propio Polo.
Este evento está destinado a empresas e emprendedores que traballan directa ou indirectamente no sector do turismo, como hostalaría, gastronomía, restauración, artesanía, ocio e tempo libre, comercio, saúde e benestar.
Terá lugar o vindeiro 29 de xullo, de 11,00 a 13,00 horas, e os participantes e sectores participantes presentaranse a eles mesmos e os seus proxectos.
Ademais también haberá unha quenda para expór os intereses de cada empresa participante, necesidades e obxectivos fixados.
A finalidade principal do mesmo é que os participantes se dean a coñecer entre si e poñan en común os seus intereses e necesidades, inicien a cooperación necesaria, sumen esforzos e recursos e creen sinerxias en beneficio de todos.
Para atopar maior información sobre esta actividade gratuíta e inscribirse nela, basta con visitar a web do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Verín ou escribir ao enderezo electrónico verin@polosemprendemento.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONSULTA LA PROGRAMACIÓN
Programa, fechas y cartel del Entroido de Verín 2026
XOVES DE COMADRES
Galería | Las Comadres vuelven a conquistar Verín un año más
XOVES DE COMADRES
Verín demostra que non hai comadres como as súas
Lo último