EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Os rostros de Nós
Acisclo Manzano compartiu moitos momentos cos homes de Nós pero a Arturo Noguerol non puido coñecelo porque foi fusilado en agosto do 36. Di que o seu debuxo é unha homenaxe a Noguerol e tamén a Risco. A lámina estará nas mans dos lectores de La Región o próximo domingo.
Acisclo, cales son as lembranzas que garda dos homes da Xeración Nós?
Síntome herdeiro deles porque eu tratei moito a Vicente Risco, a Xocas, a don Ramón, a Ben-Cho-Shey, inda que a Arturo non puiden coñecelo, porque fusilárono antes de eu nacer. Inda que si gardo unha pequena relación con el, nacimos no mesmo barrio e os dous fumos bautizados na igrexa da Trinidade. Don Vicente falábame moito del, os dous eran uns dandis. Estou feliz de facer o seu retrato. Grazas a eles Ourense era a chamada Atenas. Hoxe é a Atenas destruída por certa persoa, todo encaixa, é a Atenas en ruínas que é o que quere certo personaxe que nunca sairá en láminas e que nunca será recoñecido. Será enterrado totalmente baixo o Barbaña.
Como foi a relación dos Artistiñas cos de Nós?
Tiñamos o mesmo pensamento político e artístico. Nós eramos rapaces máis novos, daquela estaban Prego, Faílde, Baltar, Tovar, Casares, Buciños… Tiñámoslles moito, moito respeto e eles a nós. Respetaban o noso estilo de traballo, a nosa visión. E aí estaba O Volter, todo o mundo que naquela época viña a Ourense visitaba O Volter, por nós, por don Vicente e por don Ramón… Pero case todos saímos de Ourense antes de que nos caíran as pedras da ruína enriba. Hoxe non están caendo pedras, hoxe están caendo outras cousas e hai que resolvelo. Nós daquelas loitabamos con outro personaxe a nivel nacional. Se hoxe estiveramos nós coas nosas forzas, esta persoa non estaría aí. Pero quedo eu só, foron marchando e deixáronme a min, de herdeiro dos inimigos dos meus amigos.
Cre que Ourense volverá rexurdir?
Ourense está arriba, por moito que algún se empeñe no contrario, pero hai que cambiar moitas cousas, hai que apartar a certa xente. Eses nunca poderán coa cultura, nunca. Xamais.
Está traballando en diferentes proxectos cos que lle vai rendir homenaxe á propia escultura.
Como agora xa estou na década dos 80 e quédanme nove anos para os 90, aí teño o tope de momento, todos estes traballos son para celebralo. Todos estes anos a escultura deume as forzas de vivir. Non me deixou facer outras cousas, coma estudia pero premioume con moitísimos recoñecementos. Creo que inda non fixen o que teño que facer, teño que demostrarlle á escultura que eu son escultor e darlle as grazas. Traballo en varias exposicións, con pezas de diferentes épocas, unha delas adicada aos eremitas que viñan desde Asia a Rocas, un lugar co que gardo unha relación moi especial.
De onde ven o barro que traballa e onde o coce?
Ven de Niñodaguia e tamén o cozo alí, tamén teño un forno aquí na casa e cheguei a cocer en Sargadelos. O que non teño é taller, o taller son eu.
E a madeira, que ve nela para darlle unha forma ou outra?
Non me enfronto a ela, sáeme, párome onde teño que parar. É sacarlle vida á madeira, xa o dicía don Vicente, a maderiada é o espírito que se move dentro da madeira. Se é unha viga ou se é unha silla ou unha mesa, a maderiada está atrapada. Ó traballala libéroa, xa se move, ela é a que da a forma. Eu axúdoa.
Sempre amosou a súa devoción pola poesía?
Son poeta pero nunca escribín, son escultor poeta ou poeta escultórico. Teño ganas de escribir e teño moitas vivencias que me gustaría resumir. O mesmo me pasa coa escultura, sempre dixen que ata que consiga facer unha obra do tamaño dunha noz, non quedarei tranquilo. Todos os meus traballos son para facer un, vivencias para unha única historia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último