REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
UNIVERSITAS
No seu proceso de internacionalización, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense vén de dar un paso máis. Este martes presentou a súa nova oferta de grao internacional en Administración e Dirección de Empresas pola University of Applied Sciences Bremerhaven, en Alemaña, e pola Universidade de Vigo. A iniciativa permitirá a cinco estudantes do centro ourensán realizar o último curso na Hochschule Bremerhaven e a outros cinco estudantes alemáns facelo mesmo en Ourense. Así, os participantes rematarán os seus estudos cunha dobre titulación que lles dará un plus engadido na súa saída ao mercado laboral.
A presentación da iniciativa contou coa participación de Manuel Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo; Gerhard Feldmeier, vicerreitor de Internacionalización da Hochschule Bremerhaven; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.
"A docencia en inglés e a posta en marcha de dobres graos internacionais son dúas liñas estratéxicas da política de internacionalización desta universidade e nelas esta facultade é un centro pioneiro", salientou Fernández Iglesias. Tamén felicitou Virxilio Rodríguez ao centro por esta aposta pola súa internacionalización e subliñou a satisfacción que supón para o campus a este proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFERENCIA GASTRONÓMICA
Hasta luego, Casa Amador
OFERTA RÉCORD A NIVEL ESTATAL
El CHUO gana seis plazas MIR, Ourense llegará a las 57 el año que viene
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays