PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
En Castro Caldelas o mes de agosto recupera un aroma a tempos pasados. Nesta vila, as tradicións labregas son moito máis ca un recordo; son un legado vivo que os seus veciños coidan con agarimo. Un ano máis, a sega do centeo volveu a ser protagonista, revivindo aquel esforzo comunal que un día foi esencial para o sustento das familias e hoxe se converte nun símbolo de identidade cultural.
O centeo, sementado hai pouco menos dun ano polo concelleiro Manuel Pérez, máis coñecido como “o Clarete”, é o eixo desta actividade que mestura traballo e celebración. Pérez, coma os seus devanceiros, coidou a terra con dedicación, garantindo que a colleita fose abundante. Pero esta sega ten un obxectivo máis profundo: recoller a palla necesaria para a Festa dos Fachós, unha das manifestacións culturais máis antigas e singulares de Galicia.
A sega do centeo en Caldelas non é simplemente un acto agrícola. É un ritual cargado coa emoción do vindeiro mes de xaneiro. A medida que a máquina de segar abría camiño deixando tumbada a palla e os mollos se amoreaban pola leira, cada golpe de ferramenta parecía un eco do pasado, un testemuño da perseveranza e do espírito que definiron estas terras durante séculos. A mañá avanzaba, e co traballo ben encamiñado, chegou o momento do merecido descanso. Como non podía ser doutro xeito, o almorzo na leira foi un festexo en si mesmo, con produtos da zona que celebraban os sabores auténticos da terra.
Este ano, a sega tamén tivo unha novidade especial. A alcaldesa, Sara Inés Vega, anunciou que todo o proceso foi gravado para ser proxectado no futuro “Museo dos Fachós”, cuxas obras comezarán en breve no castelo da vila, creando un espazo dedicado a preservar e difundir a historia desta festa única. A Festa dos Fachós, que terá lugar o 19 de xaneiro de 2025, é o momento culminante deste proceso. Esa noite, entre “o lusco e fusco”, a vila de Castro Caldelas encherase de lume e tradición, cando o gran “fachón” de 30 metros de lonxitude e os 500 fachós individuais percorran o casco histórico ata rematar nunha fogueira monumental no adro do santuario dos Remedios.
Declarada de interese turístico, esta festa non só é unha homenaxe a San Sebastián, senón tamén un tributo á forza dunha comunidade que se resiste a perder as súas raíces. A sega do centeo en Castro Caldelas é, pois, moito máis ca unha simple recolección; é unha mostra de que a tradición pode seguir viva e adaptarse aos tempos, sen perder o seu valor esencial.
E, por conseguinte, mentres o lume dos fachós siga aceso, a identidade desta terra permanecerá intacta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre
INVESTIGACIÓN INDEPENDIENTE ABIERTA
Nvidia investiga a su fundador por sus vínculos con una supuesta espía China