EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
A ourensá Alba Guzmán Falcón gañou o ano pasado o premio Xuventude Crea pola sua novela “Xoaniña de Deus”, un galardón que incluía a publicación da obra pola editorial Xerais. Agora, un ano despois, xa se atopa nas librarías da comunidade, o que lle permitiu a esta xoven escritora cumprir un sono e seguir avanzando na súa traxectoria como escritora, unha paixón que compaxina cos seus estudos de Enxeñaría Mecánica na Universidade de Vigo.
Como se sinte cando ve o seu libro nas tendas?
Non sei como me sinto, estou moi nerviosa, porque agora dinme conta de que son tremendamente ambiciosa, entón non quero facelo mal e que lle guste o libro a todo o mundo, e eso é imposible. Estou todo o día sentada na casa agardando que alguén critique o libro. Estou moi contenta, xa que foi moito o traballo nos procesos de escritura, corrección, maquetación e demáis.
Cal vai ser a promoción da obra?
De momento ímonos centrar sobre todo nas presentacións por librarías. Empezaremos en Ourense, coa presenza da Xunta, porque eles son os que inauguran esta tempada de promoción. Andaremos polas librarías de Ourense presentando o libro e temos un par de citas en Vigo e Pontevedra. Haberá tamén bastantes encontros literarios con algún club de lectura.
Iste foi un ano con moita actividade para vostede, que balance fai do curso?
Para min foi un ano de xogar a ser escritora. Foi moi ben, non deixei tampouco de escribir e presentarme a certames e outras actividades. Non quería pensar moito na novela, porque les tantas veces o teu propio libro que ao final xa nin che gusta. Sempre teño proxectos en mente, outra cousa é que despois os leve a cabo, polo que seguín escribindo.
Vostede estuda ciencias, segue tendo claro que se quere adicar á profesión para a que se está a formar ou ten dúbidas coa literatura?
Sempre tes dúbidas, eu son unha rapaza de 19 anos que de pronto vai pola rúa e certas persoas que para min son relevantes me felicitan e saben quen son. Iso dáche un pouco máis de nerviosismo, a ver se resulta que agora isto vai en serio. A min gústame de todo, iso non creo que vaia cambiar, creo que dentro de vinte anos seguirei na mesma situación. Gústame a enxeñaría, e cada ano que pasa gústame máis, e tamén desfruto moito de escribir.
Vai moito ás librarías a ver a súa obra?
O libro nas librarías aínda non o vin, porque estou estudando e non saín moito da casa. Si que é certo que na miña mente está todo o rato eso, que estou sacando un libro. Ás veces é difícil saír deste tema, o primeiro día que fun á facultade tiña que concentrarme moito, cheguei e todo o mundo felicitoume. Non sei se chegarei a asumir todo, cando chega o libro á casa e o ves así maquetado é unha tolemia, porque xa non ves un arquivo no teu ordenador, é bastante impresionante.
Como leva a súa familia todo isto?
Cos meus pais teño moita sorte, porque ningún deles ten moito problema co que faga. Eu tamén son bastante boíña, creo que non hai moito que dicirme. A miña nai é enfermeira, e sempre tivo a tendencia a darme educación de ciencias. Ao meu pai sempre lle gustou moito ler, estudou maxisterio e a min deume a formación literaria e cultural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del Hospital de Ourense atiende 300 casos oncológicos al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago