MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
Se ben é certo que a cervexa non é un dos produtos máis típicos de Ourense, en Toén queren facerlle unha homenaxe a esta popular bebida. A asociación cultural Sabuleiros e o Concello de Toén coorganizan, o sábado 3 de xullo, a primeira Feira da Cervexa Artesá, un punto de encontro en Moreiras que servirá “para dar a coñecer aos produtores e tamén a diferentes artesáns do municipio”, segundo explica un dos coorganizadores, Antón Gil.
Gil leva anos facendo cervexa artesá en Toén e explica que “fun a moitas feiras por aí e pensei, por que non facela na casa?”. Así, comezou o xermolo desta feira que vivirá este ano a súa primeira edición. Nestes inicios, no mes de novembro do ano pasado, “houbo moitas dificultades para convencer aos produtores, porque a xente é remisa a desprazarse polos prezos dos carburantes e non queren arriscarse a ter un mal día e perder cartos”. Con todo, nesta primeira vez haberá catro postos de cervexa, dous deles de Toén, un de Verín e outro de Vigo.
Ademais do evento, “queremos que a xente coñeza tamén as diferentes variedades de cervexa, que hai moitas como pasa co viño e non son tan coñecidas”. Por outra banda, coma en toda “boa feira” haberá ambientación musical a cargo dunha charanga e cun concerto do grupo Ad Heyra Liti.
Pero aínda que a cervexa sea a protagonista, haberá outros postos de veciños de Toén, entre os que destaca o “polbo, o porco ó espeto, as larpeiradas ou os postos de artesáns”. A idea do grupo tamén é “dinamizar tamén a actividade nun concello do rural, escapando un pouco das tradicionais festas populares”. Gil subliña que esta celebración é “aberta” para todo o mundo e para impulsar estes comezos, “decidimos non cobrarlle nada aos postos por instalarse”. Deste xeito, xa non só servirá para dar a coñecer a cervexa, senón que será un punto de encontro das moitas actividades artesás que se desenvolven en Toén e deste xeito “levar a ledicia por todo o concello da man desta feira”.
Outra das características que diferencian a esta feira da cervexa artesá é o seu emprazamento: este ano celebrarase en Moreiras, pero a idea é que “vaia rotando por todas as parroquias do municipio, e que pase por Toén, Puga, Mugares, etc.”
O alcalde de Toén, Ricardo González, indica que “en canto a asociación chegou con esta idea, dende o Concello animámolos a levala adiante porque sempre temos as portas abertas a estas iniciativas que axudan á dinamización”. Ademais, subliña que “animamos a todos aqueles veciños de Toén que, se teñen algunha idea deportiva, cultural ou de calquera outra índole se apoien no Concello para tratar de desenvolvelas”, ou incluso que, grazas á feira, “a xente se anime a facer cervexa artesá”.
Para esta primeira edición, Antón Gil “polo que eu falei con coñecidos, hai moita expectación de como poida saír, pero estamos moi ilusionados con esta iniciativa e se esta sae ben, estamos moi esperanzados de que a seguinte será mellor”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último