EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Política
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, subliñou este mércores en Ourense a dificultade que supón para as familias a suba dos tipos de interese, catalogándoas de “inasumibles”. Para a líder dos nacionalistas, subir 100 euros unha hipoteca “é a diferencia entre comer a última semana do mes ou non”. Ademais, tamén prexudican ás pequenas e medianas empresas, ás que se lles restrinxe o acceso ao crédito.
Na súa intervención no centro Marcos Valcárcel, Pontón presentou a campaña “Contra a crise de prezos, hai alternativa”, que o BNG está a desenvolver por toda Galicia e que rematará o 18 de decembro cunha manifestación en Santiago. Ademais, reclamou aos gobernos galego e español que actúen “en defensa das maiorías sociais” e desenvolvan “medidas, tanto a curto prazo como estruturais”, que permitan afrontar a actual situación de crise de prezos porque, advertiu, “moitas das que se están a tomar son contrarias á maioría”. Neste acto estivo acompañada polo voceiro nacionalista no Concello de Ourense, Luis Seara, e a deputada, Noa Presas.
A voceira indicou que “o BNG vai seguir reclamando nas institucións e nas rúas medidas que protexan ás maiorías sociais fronte a unha inflación que é xa o principal problema que temos sobre a mesa”. Cre inaceptable que Galicia teña un IPC por riba da media estatal malia ter os salarios á cola e as segundas pensións máis baixas de España.
Por outra banda, tamén subliñou que os expertos dan previsións de “crecemento cero” para o ano que vén, o que tamén sería a peor cifra de todo o Estado.
Pontón concluíu a súa intervención asegurando que “penalizar a familias e pemes non pode ser a solución a unha crise que non responde a un aumento da demanda, senón que xa era anterior á guerra de Ucraína”.
A portavoz nacionalista cualificou como unha “estafa inaceptable” os beneficios de sectores como o enerxético ou o financeiro, un “lobby” ao que acusou de estar “forrándose” grazas á crise de prezos que afecta a toda España. Esta é unha das consecuencias desta crise de prezos, que tamén está a provocar, a ollos do BNG, unha “concentración de riqueza en poucas mans, a maioría alleas ao país e situadas en Madrid, que continúa absorbendo investimentos e poboación”.
“Polo que se albisca, preténdense reforzar aínda máis esas tendencias de perda de poder tan nocivas e desfavorábeis para Galiza e as súas clases populares”, indicou, para engadir a continuación que “temos que actuar contra este duro pau da inflación que se ensaña con quen menos ten e que vai aumentar aínda máis as desigualdades sociais e territoriais que se viven hoxe”, polo que insistiu na “necesidade” de que a poboación saia á rúa a reclamar unha “saída digna” da crise.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)