PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
ECOAGRO
O Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás acolleu unha sesión informativa sobre a reciclaxe, no marco da campaña do Concello para promover a xestión responsable dos residuos orgánicos. Despois da sesión, entregáronse medio cento de paquetes que inclúen un composteiro e un aireador. En total, segundo cifran dende o goberno local, preto de 400 veciños do rural xa recibiron os seus equipos de compostaxe, nos que poden darlle unha segunda vida aos seus refugallos orgánicos.
Na conferencia saíron a frote datos curiosos sobre os procesos que se dan na compostaxe. Por exemplo, falouse do papel que xogan os caracois, aliados desta transformación, ou de que as arañas actúan como unha especie de policías que controlan as pragas no composteiro. A grandes trazos, a compostaxe consiste en transformar os residuos orgánicos -como as peles de plátano- en abono.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asistiu á conferencia e logo animou á poboación a unirse á campaña. Ademais, salientou que Barbadás é “pioneiro” na compostaxe doméstica, e que é o primeiro concello ourensán en implantar o contedor marrón -para lixo orgánico- na zona urbana.
Por outra banda, anunciouse que os veciños poden solicitar o uso da biotrituradora que ten o Concello para obter o estruturante para a compostaxe. O concelleiro de Disciplina Medioambiental, Dani Rey, avanzou que os restos das podas -sobre 10 metros cúbicos de biomasa- serán trinzados para poñelos a disposición da cidadanía.
Quen queira recibir o seu equipo de compostaxe debe inscribirse na páxina web barbadas.rsu.gal e reservar o material. Esta iniciativa tamén inclúe un seguimento ao longo deste ano.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
LA MAYORÍA EN EL HIERRO
Más de 1.100 migrantes llegan a Canarias en once cayucos durante el fin de semana