PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
ÉPOCA ROMANA
O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, en cooperación co Institut National des Sciences de l’Archéologie et du Patrimoine (INSAP) de Marrocos, desenvolve o proxecto arqueolóxico internacional MA.RO.CO. para afondar no coñecemento do xacemento de Tahaddart. Este emprazamento estaba dedicado á produción industrial de salgas de peixe e ao comercio na época romana.
Ao abeiro deste proxecto, e tal e como explican fontes da UVigo, leváronse a cabo tres intervencións arqueolóxicas conxuntas que permitiron a recollida de numerosos materiais, tales como fragmentos de cerámica, vidro, material lítico e restos orgánicos como ósos, sementes, madeiras, cunchas e restos de peixe. Durante as últimas dúas semanas, o equipo marroquí-español estivo traballando nas cidades de Tánxer e Larache para rexistrar e estudar este material.
O proxecto ten unha duración de cinco anos -ata 2025- e estase desenvolvendo cun convenio de colaboración asinado polo INSAP, dependente do Ministerio de Cultura de Marrocos, e a UVigo. Está financiado pola Xunta e dirixido por Adolfo Fernández, arqueólogo do GEAAT; Mohamed Kbiri-Alaoui, investigador do INSAP, e Meriem Hansali, profesora da Universidade de Kenitra.
Ata o de agora, os traballos permitiron ampliar as dimensións coñecidas do xacemento, descubrindo novas factorías de salgadura romanas neste xacemento situado a uns 20 quilómetros ao sur da cidade marroquí de Tánxer. O material atopado está no Museo de Lixus, preto de Larache.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último