EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Cándido Fernández Mazas elaborou en 1920 o único cartaz da Revista Nós. Sobre unhas medidas de 59,5 centímetros de alto por 42,5 de ancho, aplicou linóleo de cor en papel industrial. Trátase dunha peza singular na que representou precisamente a un ilustrador levando a cabo un deseño. Á hora de executala, tivo en mente os movementos de vangarda que naquel momento comezaban a explotar en Europa.
O autor naceu en Ourense o 15 de decembro de 1902 e viviu unha intensa vida na que o perseguiron os problemas de saúde. Así, en 1927 tivo que poñer fin a unha estancia de medio ano en París, onde desfrutaba dunha bolsa da Deputación, debido á súa inestabilidade nerviosa. Tampouco permaneceu alleo ás polémicas cos seus contemporáneos, e de feito en 1931 posicionouse en contra dos galeguistas e do Estatuto de Autonomía. As súas peripecias continuaron durante a Guerra Civil. Nun primeiro momento, alistouse na brigada topográfica de artillería. Despois desertou, refuxiándose nunha comuna de anarquistas vexetarianos. Falecería moi novo, o 15 de novembro de 1942. Foi de forma súbita, a causa dun derrame cerebral cando faltaban unhas semanas para o seu corenta cumpreanos.
A Deputación, que incorporou o pasado mes de xaneiro o cartaz de Fernández Mazas aos seus fondos artísticos, publicou “A descuberta dun cartaz”, un traballo das historiadoras de arte María Victoria Carballo-Calero Ramos e Iria-Friné Rivera Vázquez que pon en contexto a esta obra. No texto, Carballo-Calero Ramos defende que este cartaz se enmarca dentro do movemento ultraísta, ao ser Mazas “parte do núcleo que constitúe a primeira vangarda galega”.
O gravador ourensán foi un home polifacético que empregou ducias de exóticos seudónimos, como Denys Fernández, Dichi, Candinchi, Xohan Rafael, Juan Dis, Johan de Drados ou Cándido Mauricio Fernández.
Ademais, a historiadora Iria-Friné Rivera Vázquez destaca que foi Vicente Risco o seu gran valedor dentro da Xeración Nós. Para a revista, Mazas publicou gravados a cor, retratos e anuncios, xa que na cosmovisión de Risco, explica a historiadora, “a arte aparece como un elemento imprescindible na construción da sociedade galega e como un espazo no que pasado, presente e futuro se daban a man”, acadando un gran interese nas vangardas, especialmente a poética. En consecuencia, Risco adquiriu numerosos gravados de Mazas, quen realizou á súa vez moitos retratos do escritor. Rivera define ao cartaz de Mazas como “unha mostra do alcance audaz producido coa dinámica da revista Nós”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último