BORRASCA LEONARDO
El Miño multiplica su caudal

Baiuca, sobre a súa actuación no Ouren Sound Fest: “Temos unha débeda con Ourense”

Baiuca actuará o venres 26 de maio no Ouren Sound Fest, encontro que o artista de Catoira agarda con ansia: “Será a primeira actuación en Galicia dende hai máis de medio ano”

Alejandro Guillán Castaño, coñecido artísticamente como Baiuca.
Alejandro Guillán Castaño, coñecido artísticamente como Baiuca.

Baiuca, afamado xa non só en Galicia e en España, senón a nivel internacional, polo seu folk electrónico ou fusión da música tradicional galega coa música electrónica, actuará o venres 26 de maio no Ouren Sound Fest, encontro que o artista espera con ansias: “Temos unha débeda pendente cos ourensáns. E será a primeira actuación en Galicia dende hai máis de medio ano. Teño moitas ganas de poder conectar novamente co público”.</nav> </header> Alejandro Guillán Castaño naceu en Catoira, unha vila da provincia de Pontevedra situada na desembocadura do río Ulla. Ata 2017 e facendo pop usou o nome de Álex Casanova, pasou co folk electrónico ao nome de Baiuca xusto en relación ao seu lugar de orixe, dado que unha baiuca é unha taberna e A Baiuca, onde naceu, debe a súa denominación a unha das máis antigas da zona.

Así, moi vencellado ás tradicións está o cancioneiro que contén os seus traballos “Solpor” (2018), “Misturas” (2019), “Paisaxes” (2020), “Adélia” (2020), “Embruxo” (2021), “Embruxo Remixes” (2022) y “Diamante / La Mare” (2023), do que o público que asista ao seu concerto no Ouren Sound Fest poderá gozar de primeira man.

Cando, por que e como decidiche mesturar a música tradicional galega coa electrónica?

Dende sempre.

Para ritmos españois como poden ser o flamenco ou a copla foi fácil instaurarse a nivel mundial, mesmo en sitios impensables coma Asia. No caso da música tradicional galega, salvo o caso de Carlos Núñez, ademais un dos teus referentes, parece máis difícil. Axuda a fusión para que sexa máis fácil a súa divulgación? Chégase, así, a outros públicos?

Non, chégase a outros lugares cando alguén cre que pode chegar. Estou tendo a oportunidade de tocar polo mundo e vexo a fascinación da xente cara os nosos instrumentos, os nosos ritmos, a nosa maneira de cantar. Só hai que saír fóra e amosarlle ao mundo o que temos aquí. Obviamente é máis sinxelo cando unha cultura determinada se posiciona como marca dun país, como pode ser o caso do flamenco, que é marca España, pero iso de pensar que o noso ten que ser máis difícil... só temos que mostrar o que temos. Se ata agora non se fixo máis que en determinadas ocasións, pois aproveitemos o momento actual.

Antes mencionamos a Carlos Núñez, con quen gravaches unha canción. Tamén o fixeches con Xoel López, Rodrigo Cuevas e tantos outros. Hai algún artista en particular co que che faga especial ilusión gravar?

Faime moita ilusión descubrir novas voces e novas formas de creación. Valoro moitísimo coñecer a todos os artistas que mencionas, sobre todo pola amizade que se xera despois dun traballo compositivo e de produción conxunto, pero sentir que coñeces unha voz que aínda non é coñecida para a maioría do público e que a escoitas por primeira vez, é unha sensación incrible.

Volvendo a Galicia, a morriña inspira?

Inspiran moitas cousas en momentos determinados. E o lugar onde estás compoñendo sempre é inspirador, por estar preto ou lonxe. Pero, como artista, o que máis valoro sempre cada vez que me enfronto a un novo traballo é atopar puntos novos nos que inspirarme.

Con que espectáculo se atopará o público que asista ao Ouren Sound Fest a ver a Baiuca?

Estarei acompañado da miña banda, o que sorprendentemente será a primeira vez que actuemos neste formato en Ourense. Temos unha débeda pendente cos ourensáns. E será a primeira actuación en Galicia dende hai máis de medio ano. Teño moitas ganas de poder conectar novamente co público e tocar por primeira vez en Galicia algunhas cancións que non tocamos ata agora.

Contenido patrocinado

stats