EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
Os Premios da Cultura Galega tiveron este sábado un claro tinte ourensán, xa que entre os galardoados estiveron o mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos), Ben de Interese Cultural e un dos símbolos da Ribeira Sacra, o pintor Antón Pulido ou a xornalista verinesa Esther Estévez polo seu programa “Dígocho eu” sobre a lingua galega. Os galardóns da Cultura Galega, entregados no Centro Galego de Arte Contemporánea, son entregados pola Xunta para salientar o labor en diversos campos artísticos.
No eido do patrimonio cultural, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, recolleu o premio concedido ao mosteiro de San Pedro de Rocas polo labor na conservación do patrimonio. Alí comprometeuse a “seguir avanzando na súa protección, preservación e difusión” da man da Xunta. Baltar agradeceu este recoñecemento e garantiu o máximo compromiso co mosteiro, a través de accións coma a “loita pola declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade” ou o Plan Destino Turístico Intelixente liderado pola Deputación. San Pedro de Rocas, que celebrará en 2023 o centenario da declaración de patrimonio nacional, é “un lugar de altísimo valor antropolóxico, histórico e cultural” que “grazas ao AVE está a só dúas horas e media de Madrid”.
Baltar agradeceu o premio, “primeiro porque Rocas é de titularidade provincial pero, sobre todo, porque creo que é patrimonio da humanidade. Por iso estamos loitando ante á Unesco para a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. E dentro desta xoia natural, San Pedro de Rocas é o conxunto máis visitado”. Baltar tamén defendeu a lingua galega como o “noso maior tesouro, como di o artigo 5 do Estatuto”, a piques de celebrar o Día das Letras, adicado este ano ao ourensán Florencio Delgado Gurriarán, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras).
O presidente da Deputación, acompañado polo alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, recibiu o galardón da mans do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana, nun acto que contou coa presenza do presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez; o alcalde de Santiago, Xosé Antón Sánchez Bugallo, ou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Feijóo, que pechou o acto antes da interpretación do himno galego, felicitou ao presidente da Deputación por “presumir da Ribeira Sacra e de Rocas”.
Os premios tamén recoñeceron os ourensáns Antón Pulido -na modalidade de artes plásticas, entregándolle o premio Miguel Santalices- e a xornalista Esther Estévez, na categoría de lingua, polo programa “Dígocho eu!”.
Feijóo destacou que nun mundo global “a singularidade é preciosa” no peche da entrega dos Premios da Cultura Galega, un evento no que agradeceu o esforzo ao sector cultural, “que deu o mellor de si nos momentos máis complexos”. O presidente saínte celebrou a “reactivación cultural de Galicia” logo da a pandemia e apelou á súa consolidación neste 2022, “co impulso do Xacobeo e os fondos europeos”. Ademais, lembrou que se tratou do seu “último acto como presidente da Xunta”.
“Levades polo mundo o noso nome e enriquecedes a nosa pegada colectiva”, referiuse respecto ao papel dos creadores. “A cultura adoita presentarse como unha continuidade histórica que nos permite adaptar en cada momento o mellor da tradición sen menoscabar a súa esencia, garantindo a súa supervivencia”, continuou.
Ademais de San Pedro de Rocas, Antón Pulido e Esther Estévez, foron premiados na categoría de Letras, Bernardino Graña; en Artes Escénicas, Nova Galega de Danza; en Música, Natalia Lamas Vázquez; en Audiovisual, Zaza Ceballos, e en Proxección Exterior, a Federación de Asociacións Galegas República Arxentina.
“Galicia practica unha cultura extrovertida que está en permanente diálogo coas culturas española, europea e americana, aberta a todas as influencias e sen temor a quedar diluída. É o vehículo polo que Galicia ten unha presenza notable no mundo global”, concluíu Feijóo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero