MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, trasladoulle onte ao subdelegado do Goberno, Eladio Santos, as carencias en financiamento e infraestruturas: “Soportamos unha carga impresionante e inxusta”. Ambos os mandatarios acordaron buscar fórmulas de colaboración para achegar a banda ancha e a telefonía móbil a todos os núcleos, así como para a construír un centro multiusos.
Eladio Santos visitou Barbadás invitado polo alcalde. A reunión, coa meirande parte dos concelleiros do goberno local, xirou en torno á busca de melloras no financiamento para algúns dos servizos que presta o Concello, nomeadamente o Servizo de Axuda no Fogar, pero tamén o financiamento en xeral das entidades locais. “Soportamos unha carta impresionante en atención a persoas dependentes, de idade avanzada ou vulnerables”, explicou Valcárcel.
En “contraposición” ao que fai a Xunta de Galicia, subliñou “a achega de 4.800 millóns de euros por parte do Goberno central a comunidades autónomas e concellos (500.000 euros lle corresponderán a Barbadás), e recalcou que “precisamos financiamento porque cada día estamos asumindo competencias que non lle corresponden ao Concello, o que é sumamente inxusto”.
Por outra banda, na reunión tamén foron abordados outros asuntos como a implantación da banda ancha e a telefonía móbil nas localidades do municipio que aínda teñen carencias hoxe ou do polígono industrial e comercial, que precisa igualmente financiamento para o seu desenvolvemento. Outra cuestión relevante no transcurso da reunión foi o establecemento de fórmulas de colaboración para a construción dunha casa da cultura ou centro multiusos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo
CUATRO MUNICIPIOS EN RIESGO
Alerta por riesgo de nube tóxica tras el incendio en una planta de residuos en Zamora