ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
TESTEMUÑAS DA MEMORIA
Vaia dous personaxes cos que me atopei o 14 de decembro do ano que acabamos de deixar, a iso das oito e algo da tarde/noite no café El Cercano de Ourense. Nada máis nin nada menos que a John Lennon e o noso querido don Ramón María del Valle-Inclán. Quen o diría!, dúas auténticas iconas ou figuras da cultura aínda que sexan de distintas épocas. Certo que a piques estiven de perder o encontro. Porque ese mesmo día había outra presentación dun libro á que tamén quixen asistir.
A forma de coincidir con esas dúas iconas debeuse, por suposto, ó libro "Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán" (o título en por si xa me encanta unha barbaridade), da autora Beatriz Maceda Abeleira. A presentación da novela correu a cargo de Xan Arias, editor de Trifolium -e da novela, claro está-; de Xián Bobillo, profesor, e, por suposto, da propia autora. Dicir que foi unha das presentacións máis sinxelas e máis íntimas das que teño asistido.
SÓLIDA HISTORIA
Beatriz Maceda consegue unha fermosa e sólida historia que se sitúa, en referencia ó tempo, cinco meses despois do asasinato de John Lennon. Éste e Valle-Inclán conflúen na imaxinación dun rapaz, que é o narrador da historia, bisneto ficticio do escritor, que un día descobre o seu parentesco. A través de certos elementos oníricos e baixo un clima de misterio, o rapaz descobre pouco a pouco a súa propia historia e a do seu devanceiro alén de aquelo que estudara no instituto.
Baixo unha linguaxe sinxela e directa, a lectura vólvese áxil e a historia atrapa desde as primeiras páxinas da narración. E aínda que semella fácil, ten un trasfondo máis serio do que parece: asoma a España negra de Valle-Inclán e bulen os anos oitenta coa música de John Lennon e a propia vida do rapaz.
"Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán" lembra, ás veces, á gran literatura de Raymond Chandler e amosa paixón polo teatro, quizais polo propio amor de nai, xa que o fillo da autora traballa nese fantástico mundo das táboas, dos escenarios.
A autora Beatriz Maceda Abeleira naceu na Coruña o 19 de decembro de 1963, polo que conta con 54 anos de idade. E segundo me confesou por un correo electrónico, non lle foi doado vir ó mundo; así é que o seu pai, home abondo crente, ofreceuna á Virxe da Pastoriza, a uns catro quilómetros da Coruña, ó mesmo tempo que lle fixo prometer que todos os anos iría de romaría a ese santuario. Sei perfectamente o que significan esas peregrinacións, esas romarías: teño o santuario e a Virxe dos Milagres todos os días na cabeza. A ver!, oito anos alí metido, toda unha vida a pouco máis de tres quilómetros, xente de xeonllos, xente descalza por camiños cheos de coios e pedras...
NETA DE ANARQUISTA
Beatriz Maceda tivo como mellor amigo ó sei bisavó materno, anarquista, bebedor e percebeiro que lle deixou en herdanza o himno da CNT, ó mesmo tempo que aprendeu que estar nas barricadas era unha forma de vida. Da bisavoa copiou a afouteza.
Ós cinco anos tivo que deixar o seu barrio, o mar herculino e o cemiterio de San Amaro pola cor verde da Terra Cha. Alí viviu parte da infancia e da adolescencia. "As moras, a bicicleta, unha mestra, unha biblioteca e unha libraría foron fundamentais na miña formación", acabou confesándome. E tanto. Porque os libros foron os que a salvaron (máis ou menos como a un servidor). Logo de tantas lecturas, é normal que a mestra a animase a escribir. Agora mesmo temos que darlle as grazas á mestra. Porque Beatriz Maceda Abeleira escribe coma os anxos.
Estuda na Escola Universitaria de Maxisterio educación primaria pola especialidade de Lingua Inglesa e realiza estudos de posgraduado en Orientación Educativa no instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. Exerce o ensino desde hai cerca de 20 anos, e tamén imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global.
Beatriz casa no ano 1995 e regresa para A Coruña. Vive fronte ó mar co seu fillo e o seu home, ó mesmo tempo que ten o privilexio de aprender todos os días "dos meus alumnos e de coordinar a biblioteca do colexio máis multicultural da Coruña".
Publicou os relatos "Ela" e "Tuerka 27" na revista Tempos Dixital e na categoría de infantil/xuvenil publicou no 2012 "Man. O alemán de Camelle" e, tres anos máis tarde, "O álbum de Garrincha". O ano pasado escribiu a novela causante desta pequena reportaxe. Vaia título! Vaia personaxes! Vaia autora!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
Lo último
COMIDAS EN FAMILIA
Qué se come y cómo se vive la Nochebuena en distintos países del mundo
CULTURA ANDALUZA EXTERIOR
El coro Luna y Candela lleva el espíritu de la Navidad al Cottolengo Don Orione de Malvinas Argentinas
INTELIGENCIA ARTIFICIAL
Los españoles creen que la IA será la tecnología del futuro
ANÁLISIS LABORAL
La Navidad disparará el empleo