Becarios entre vitrinas

Os museos de Ourense benefícianse das bolsas de formación da Xunta, reactivadas tras o covid. "Foi unha oportunidade que saíra esta praza", sinala Aída Lojo dende o Etnolóxico de Ribadavia

partido (19)
partido (19)

Os museos de Ourense volven pouco a pouco á normalidade despois de adaptarse ás novas condicións sanitarias. O verán permite un respiro para adaptarse ao novo presente e tamén é o momento de moitos estudantes de ampliar a súa experiencia laboral. As becas de formación permiten que poidan aterrizar toda a teoría aprendida e coñezan de primeira man o mundo laboral. As universidades e a Xunta ofrecen diferentes becas de formación destinadas aos museos da comunidade có obxectivo de fomentar a participación dos graduados. O confinamento provocou un retraso na adxudicación destas bolsas pero coa volta á nova normalidade reactiváronse os procedementos.

O Museo Arqueolóxico de Ourense colabora nestas becas e neste verán conta cunha nova incorporación, Cristina Incio conseguíu unha das becas de formación ofrecidas pola Xunta para traballar no Museo Arqueolóxico de Ourense. “Empecei o un de xullo e aínda que levo pouco estou moi contenta”, comenta. Cristina Incio destaca que esta beca permítelle ampliar a súa experiencia profesional. “O que máis me gusta é que utilizamos un programa que se usa en todos os museos polo que estou gañando moita experiencia e profesionalidade”, comenta.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia tamén ten convenio coa Xunta para potenciar a formación dos estudantes. Aida Lojo é outra das becarias que conseguíu unha das bolsas de formación. “Estou moi contenta. Foi unha oportunidade ver que saía a praza e a verdade foi unha sorte, penso que pode ser unha oportunidade para aprender máis e pór en práctica todo o aprendido e agora ver os resultados”, comenta. Aida Lojo tamén valora a oportunidade de poder traballar en diferentes áreas. "Eu nunca traballara cun fondo documental e considero que é unha oportunidade moi boa. Estas prácticas permiten valorar moitas opcións laborais e creo que é unha oportunidade necesaria para completar a formación académica, porque moitas veces nós como estudantes non sabemos todas as saídas que podemos ter e desta maneira podemos coñecer máis opcións laborais e elexir aquela que máis nos guste", valora Aida Lojo.

Museo Etnolóxico

Aida Lojo: "Traballamos con arquivos documentais para dixitalizalos"

O Museo Etnolóxico de Ribadavia ofrece outras das bolsas de formación da provincia de Ourense. Aida Lojo conseguíu esa praza e está traballando no rexistro dos documentos do museo. "Agora estamos traballando con arquivos documentais para dixitalizalos. Esta tarefa facilita moito o tema das consultas que supón unha das labores do museo, o poder por a disposición do público todo o patrimonio que temos. Tamén favorece a que non se manipule o documento orixinal, de maneira que a súa conservación é moito máis doada", explica Aida Lojo.

Tamén valora positivamente a duración das becas de formación. "Durante os meus estudos tamén puiden facer prácticas, pero no caso da carreira solo foi un mes e no caso do máster estiven tres meses. Pero esta bolsa é máis longa, son seis meses con posibilidade de amplialos outros seis, polo que aínda que teñas un primeiro mes de contacto para adaptarte, logo xa tes tempo para poder facer traballo de verdade e poder ver todas as áreas dentro do museo", comenta.

Con esta bolsa Aida pode ampliar a súa experiencia laboral e coñecer como é o traballo dentro das institucións públicas.

Museo Arqueolóxico

Cristina Incio: "Categorizo pezas arqueolóxicas de San Cibrao de Las"

Cristina Incio trasladouse dende Coruña ata Ourense para comezar coa súa beca de formación da Xunta en materia de museos. Empezou a principios do mes de xullo, pero xa está adaptada a súa nova rutina no Museo Arqueolóxico de Ourense. " Estou categorizando pezas arqueolóxicas de San Cibrao de Las, da última excavación de 2016. Teño que ver as pezas, facerlle fotos,leer a memoria arqueolóxica, introducilas e facer as fichas de cada unha delas. Tamén axudo cando vén algún investigador. Pouco a pouco vou facendo cousas novas", comenta. No caso de Cristina Incio a súa bolsa non está orientada á atención directa có público, pero aínda así a situación actual é moi diferente á etapa precovid. “ A pandemia afectou moito ao sector, tanto ás visitas nos museos como tamén ás excavacións”, explica Cristina.

Museo Municipal de Ourense

Mónica Blanco: "O meu día a día céntrase na atención ao público e atender aos artistas"

Mónica Blanco estudou un máster en valoración, xestión e conservación do patrimonio cultural. Esta formación permitiulle, facer as súas prácticas formativas no Museo Municipal da cidade de Ourense."O meu día a día centrábase na atención ao público e o contacto cos artistas que tiñan as súas obras en exposición", resume Mónica Blanco.

A becaria, que estudou Xeografía e Historia, puido experimentar como foi retomar a actividade nos museso despois do coronavirus. En clave de futuro, e de cara ao novo horizonte da cultura despois da pandemia do coronavirus, Mónica Blanco é partidaria, analiza, de potenciar as actividades presenciais para combatir a nova realidade e os vindeiros retos. "Ao mellor hai que ter máis en conta o mundo dixital, pero nunca é comparable coas actividades que se fagan en persoa. Son actividades diferentes pero que deberían ir en paralelo", explica con firmeza Blanco, satisfeita, explica, coa súa experiencia no Museo Municipal.

Contenido patrocinado

stats