ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
PROXECTO EUROPEO
O Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas, Biocaps, chega ao seu fin co seu principal obxectivo cumprido: acadar para o Instituto de Investigación Biomédica, IBI, un nivel de excelencia científica que xa foi recoñecido pola Comisión Europea.
Durante a conferencia final do proxecto, financiado durante os últimos tres anos pola UE con 4,6 millóns de euros, fixouse como próximo fito acadar a acreditación do IBI por parte do Instituto de Salud Carlos III. A coordinadora de Biocaps, a catedrática da Universidade de Vigo África González, destacou que o proxecto "axudounos a deseñar unha estratexia para que o IBI teña a maior transcendencia científica e capacidade transferencia".
Tras citar como principais indicadores as 86 liñas de investigación abertas, máis de 500 investigadores e investigadoras, 70 novos proxectos e sete patentes aprobadas, González destacou a incorporación de talento e equipamento punteiro, ademais da intensificación da colaboración ente o persoal investigador do instituto con outros centros europeos de referencia, como logros acadados.
A estes sumou a transferencia de resultados a través das patentes concedidas e un bo número de colaboracións coa industria, a difusión a través de máis de 500 artigos en revistas científicas de gran impacto e a organización de seminarios e workshops. González reclamou financiamento estable para dar continuidade aos obxectivos acadados, en especial a consolidación dos investigadores contratados ao longo dos últimos tres anos. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio