RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
O bispo de Ourense, Leonardo Lemos, presidiu onte a eucaristía para a bendición das novas campás da igrexa de Santa Mariña do Monte. Catro veciños e o cura impulsaron a recuperación dos instrumentos que funcionaban como canle de comunicación e que se estragaran hai oito anos. Xuntaron os cartos e mandaron os instrumentos a fundir a Cáceres, tralo complicado permiso de Patrimonio.
As campás chegaron esta mesma semana á capela en furgoneta, coa expectación do párroco e dos veciños. Alberto López, o párroco, foi un dos asistentes á colocación das campás, que pesan 130 e 60 quilos respectivamente.
Tras la celebración eucarística de onte, na que participaron representantes institucionais como o deputado provincial Rosendo Fernández, os asistentes celebraron un ágape na Asociación de veciños de Santa Mariña do Monte, para festexar este día tan importante para os residentes neste núcleo do concello de Ourense. “Era o sentir popular”, sinalou o párroco, sobre a recuperación destes instrumentos para volver a tocar a man as campás. O sancristán será o encargado, a partir de agora, de facelas soar. Logo de toda a semana ensaiando, onte puido facelo diante de todos os fregueses e o propio bispo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
TRAS VARIOS AÑOS DE ESPERA
El Consejo de Ministros aprueba el Reglamento del Estatuto de la Ciudadanía Española en el Exterior