EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
O grupo municipal do BNG no Concello advertiu onte da “saturación” nos servizos sociais do Concello ante a falta de traballadoras sociais, ao non se cubrir os postos vacantes polas vacacións ou baixas. Esta situación ven motivada pola “caducidade da lista de contratación creada no seu día para cubrir estes postos”.A concelleira nacionalista Rhut Reza advirte que “está a provocar que o persoal que está a día de hoxe traballando teña que facerse non soamente cargo do seu, senón tamén do das súas compañeiras e provocando un exceso de carga de traballo que en moitos casos resulta inasumible”.
A situación creada é, segundo o BNG, “froito do desleixo do actual goberno local ao non abordar a tempo a renovación da lista de contratación e deixar que caducara a existente polo que agora non se pode contratar persoal para cubrir as vacantes por vacacións ou baixas”.
Pola súa banda, a Concelleira Erea Blanco advertiu que no mes de setembro caducará a lista de contratación de conserxes para que non ocorra unha situación semellante.
Por último, o voceiro do BNG, Luis Seara, puxo en dúbida a existencia de orzamento para que o alcalde contrate a dedo a 10 recén titulados, como anunciou.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense
DÍA CONTRA EL CÁNCER
La Unidad del Dolor del CHUO atiende 300 enfermos de cáncer al año
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52
Lo último