RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
O BNG reclama á Xunta de Galicia que acelere as reparacións necesarias na área de partos do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para garantir a comodidade das mulleres usuarias. Para a formación nacionalista, o CHUO arrastra un problema histórico de falta de investimento, unha situación que é especialmente “acuciante” en todo o que ten que ver coa saúde da muller, xinecoloxía e maternidade. “Mostra desta situación é que o pasado 30 de decembro desprendíase un falso teito no edificio Materno-Infantil”, explican dende a formación.
Nese momento, a Xunta informou de que se revisarían os falsos teitos e que acometerían as reparacións necesarias. Porén, pasados varios meses, dende o Grupo Parlamentario do BNG afirman que “as usuarias, persoal sanitario e entidades sociais de apoio á maternidade denuncian como esta situación continúa sen ter unha resolución adecuada e que as obras que se ían resolver en menos dun mes levan catro”.
Esta situación, “e a súa estensión no tempo e a non previsión da creación dunha infraestrutura temporal complementaria no hospital, teñen consecuencias sobre a saúde das mulleres e os seus dereitos en materia de maternidade”. Segundo a deputada nacionalista Noa Presas, amosa a desidia do Executivo galego e tamén da xerencia de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Feijóo, si fuera presidente
ABASTECIMIENTO DE AGUA
Laza pide el cierre de presas durante el riesgo de incendios