PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
ÚLTIMA MODIFICACIÓN DO 2012
O BNG proporá ante o pleno e vía rexistro ante o goberno local a reforma do Regulamento Orgánico do Concello de Ourense para “adaptalo aos tempos e á nova realidade municipal”. O regulamento foi modificado por última vez o 14 de novembro de 2012, algo que segundo sinalan desde o BNG fai que sexa un regulamento “obsoleto que non resposta ás novas necesidades e a nova realidade municipal”.
Luis Seara sinala que “a reforma do Regulamento era un dos obxectivos que nos marcamos desde o BNG ao inicio do mandato para aumentar os niveis de transparencia, participación cidadá e para devolverlle a dignidade e o decoro ás sesións plenarias, convertidas desde a chegada de Jácome ao salón de Pleno nun esperpento continuo no que as faltas de respecto, a mala educación e as interrupcións ao resto de membros corporativos son unha constante”. Nese senso, Seara apuntou que entre as principais modificacións propostas destacan unha maior transparencia por parte da Corporación, maior participación da veciñanza, maior concreción no funcionamento de determinados órganos como a xunta de portavoces, e o emprego da linguaxe inclusiva ou de signos.
A edil Erea Blanco sinalou que “queremos un regulamento do século XXI, inclusivo e incluínte, que aposte pola transparencia e pola transversalidade efectiva entre veciñanza e institución”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
Talento Mozo 2026-2027
Ourense contará con dos programas de empleo para jóvenes de entre 18 y 29 años
MÁS DE 7 AÑOS DE CÁRCEL
Condenado por agredir sexualmente a su nieta menor de edad en Pontevedra